GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

Competencias específicas

 

CORRESPONDENTES AO MÓDULO DE FORMACIÓN BÁSICA

CE1 - Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan plantexarse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; cálculo diferencial e integral; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.

CE2 - Comprensión e dominio dos conceptos básicos de campos e ondas e electromagnetismo, teoría de circuitos eléctricos, circuitos electrónicos, principio físico dos semiconductores e familias lóxicas, dispositivos electrónicos e fotónicos, e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.

CE3 - Capacidade para comprender e dominar os conceptos básicos de matemática discreta, lóxica, algorítmica e complexidade computacional, e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.

CE4 - Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría.

CE5 - Coñecemento da estrutura, organización, funcionamento e interconexión dos sistemas informáticos, os fundamentos da súa programación, e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.

CE6 - Coñecemento adecuado do concepto da empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas.

 

CORRESPONDENTES AO MÓDULO COMÚN Á RAMA DE INFORMÁTICA

CE7 - Capacidade para deseñar, desenvolver, seleccionar e avaliar aplicacións e sistemas informáticos, asegurando a súa fiabilidade, seguridade e calidade, conforme a principios éticos e á lexislación e normativa vixente.

CE8 - Capacidade para planificar, concebir, desplegar e dirixir proxectos, servizos e sistemas informáticos en todos os ámbitos liderando a súa posta en marcha e a súa mellora continua e valorando o seu impacto económico e social.

CE9 - Capacidade para comprender a importancia da negociación, os hábitos de traballo efectivos, o liderazgo e as habilidades de comunicación en todos os entornos de desenvolvemento de software.

CE10 - Capacidade para elaborar o prego de condicións técnicas dunha instalación informática que cumpla os estándares e normativas vixentes.

CE11 - Coñecemento, administración e mantemento de sistemas, servizos e aplicacións informáticas.

CE12 - Coñecemento e aplicación dos procedementos algorítmicos básicos das tecnoloxías informáticas para deseñar solucións a problemas, analizando a idoneidade e complexidade dos algoritmos propostos.

CE13 - Coñecemento, deseño e utilización de forma eficiente dos tipos e estruturas de datos máis adecuados á resolución dun problema.

CE14 - Capacidade para analizar, deseñar, construir e manter aplicacións de forma robusta, segura e eficiente, elixindo o paradigma e as linguaxes de programación máis adecuadas.

CE15 - Capacidade de coñecer, comprender e avaliar a estructura e arquitectura dos computadores, así como os compoñentes básicos que os conforman.

CE16 - Coñecemento das características, funcionalidades e estructura dos Sistemas Operativos e deseñar e implementar aplicacións baseadas nos seus servizos.

CE17 - Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estructura dos Sistemas Distribuidos, as Redes de Computadores e Internet e diseñar e implementar aplicacións baseadas nelas.

CE18 - Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura das bases de datos, que permitan o seu adecuado uso, e o deseño e a análise e implementación de aplicacións baseadas neles.

CE19 - Coñecemento e aplicación das ferramentas necesarias para o almacenamento, procesamento e acceso aos Sistemas de Información, incluidos os baseados na web.

CE20 - Coñecemento e aplicación dos principios fundamentáis e técnicas básicas da programación paralela, concorrente, distribuida e de tempo real.

CE21 - Coñecemento e aplicación dos principios fundamentais e técnicas básicas dos sistemas intelixentes e a súa aplicación práctica.

CE22 - Coñecemento e aplicación dos principios, metodoloxías e ciclos de vida da enxeñaría do software.

CE23 - Capacidade para deseñar e avaliar interfaces persoa computador que garanticen a accesibilidade e usabilidade aos sistemas, servizos e aplicacións informáticas.

CE24 - Coñecemento da normativa e a regulación da informática nos ámbitos nacional, europeo e internacional.

 

CORRESPONDENTES AO MÓDULO DE TECNOLOXÍA ESPECÍFICA: ENXEÑERÍA DE SOFTWARE

CE25 - Capacidade para desenvolver, manter e avaliar servizos e sistemas software que satisfagan todos os requisitos do usuario e se comporten de forma fiable e eficiente, sexan asequibles de desenvolver e manter e cumpran normas de calidade, aplicando as teorías, principios, métodos e prácticas da Enxeñaría do Software.

CE26 - Capacidade para valorar as necesidades do cliente e especificar os requisitos software para satisfacer estas necesidades, reconciliando obxectivos en conflicto mediante a búsqueda de compromisos aceptables dentro das limitacións derivadas do coste, do tempo, da existencia de sistemas xa desenvolvidos e das propias organizacións.

CE27 - Capacidade de dar solución a problemas de integración en función das estratexias, estándares e tecnoloxías dispoñibles.

CE28 - Capacidade de identificar e analizar problemas e deseñar, desenvolver, implementar, verificar e documentar solucións software sobre a base dun coñecemento adoitado das teorías, modelos e técnicas actuais.

CE29 - Capacidade de identificar, avaliar e xestionar os riscos potenciais asociados que puideran presentarse.

CE30 - Capacidade para deseñar solucións apropiadas nun ou máis dominios de aplicación utilizando métodos da enxeñaría do software que integren aspectos éticos, sociais, legais e económicos.

 

CORRESPONDENTES AO MÓDULO DE TECNOLOXÍA ESPECÍFICA: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN

CE31 - Capacidade para comprender o entorno dunha organización e das súas necesidades no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións.

CE32 - Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construir, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hardware, software e redes, dentro dos parámetros de coste e calidade axeitados.

CE33 - Capacidade para emplear metodoloxías centradas no usuario e a organización para o desenvolvemento, avaliación e xestión de aplicacións e sistemas baseados en tecnoloxías da información que aseguren a accesibilidade, ergonomía e empregabilidade dos sistemas.

CE34 - Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar e xestionar redes e infraestructuras de comunicacións nunha organización.

CE35 - Capacidade para seleccionar, despregar, integrar e xestionar sistemas de información que satisfagan as necesidades da organización, cos criterios de coste e calidade identificados.

CE36 - Capacidade de concebir sistemas, aplicacións e servizos basados en tecnoloxías de red, incluindo Internet, web, comercio electrónico, multimedia, servizos interactivos e computación móvil.

CE37 - Capacidade para comprender, aplicar e xestionar a garantía e seguridade dos sistemas informáticos.

 

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es