GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

Competencias xerais

 

CG0 - Falar ben en público.

CG1 - Capacidade para concibir, redactar, organizar, planificar, desenvolver e firmar proxectos no ámbito da enxeñaría en informática que teñan por obxecto a concepción, o desenvolvemento ou a explotación de sistemas, servizos e aplicacións informáticas.

CG2 - Capacidade para dirixir as actividades obxecto dos proxectos do ámbito da informática de acordo cos coñecementos adquiridos.

CG3 - Capacidade para deseñar, desenvolver, avaliar e asegurar a accesibilidade, ergonomía, usabilidade e seguridade dos sistemas, servizos e aplicacións informáticas, así como da información que xestionan.

CG4 - Capacidade para definir, avaliar e seleccionar plataformas hardware e software para o desenvolvemento e a execución de sistemas, servizos e aplicacións informáticas, de acordo cos coñecementos adquiridos.

CG5 - Capacidade para concibir, desenvolver e manter sistemas, servizos e aplicacións informáticas empleando os métodos da enxeñaría do software como instrumento para o aseguramento da súa calidade, de acordo cos coñecementos adquiridos.

CG6 - Capacidade para concebir e desenvolver sistemas ou arquitecturas informáticas centralizadas ou distribuidas integrando hardware, software e redes de acordo cos coñecementos adquiridos.

CG7 - Capacidade para coñecer, comprender e aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da profesión de Enxeñeiro Técnico en Informática e manexar especificacións, reglamentos e normas de obrigado cumprimento.

CG8 - Coñecemento das materias básicas e tecnoloxías, que capaciten para o aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxías, así como as que lles doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.

CG9 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade. Capacidade para saber comunicar e transmitir os coñecementos, habilidades e destrezas da profesión de Enxeñeiro Técnico en Informática.

CG10 - Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, tasacións, peritacións, estudos, informes, planificación de tareas e outros traballos análogos de informática, de acordo cos coñecementos adquiridos.

CG11 - Capacidade para analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas, comprendendo a responsabilidade ética e profesional da actividade do Enxeñeiro Técnico en Informática.

CG12 - Coñecemento e aplicación de elementos básicos de economía e de xestión de recursos humanos, organización e planificación de proxectos, así como a lexislación, regulación e normalización no ámbito dos proxectos informáticos.

 

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es