Brinda unha asesorÃa multidisciplinar e integral nas áreas psicolóxica e psicopedagóxica co propósito de fortalecer a autonomÃa, a autoestima, a autoaprendizaxe e os valores fundamentais que propicien o equilibrio persoal e melloren a calidade de vida dos alumnos.
Máis información na páxina web do Gabinete Psicopedagóxico do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
Na procura da integración total das persoas con discapacidade, tanto no ámbito académico como no laboral, a Universidade de Vigo dispón de varios programas. O Programa de inserción de discapacitados, promovido pola VicerreitorÃa de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais, favorece a integración plena do estudantado na vida universitaria.
No enlace poderás coñecer tamén os detalles do PIUNE, Programa de apoio á integración de universitarios con necesidades especiais, asà como a normativa e lexislación existente no ámbito da discapacidade.
Na Xunta de Centro do 29 de outubro de 2018 aprobouse un Protocolo de acollida e deteccións de necesidades de alumnado con necesidades educativas especiais.
+ Sobre ESEI
+ Estudios
+ Alumnos