GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

Gabinete Psicopedagóxico

 

Brinda unha asesoría multidisciplinar e integral nas áreas psicolóxica e psicopedagóxica co propósito de fortalecer a autonomía, a autoestima, a autoaprendizaxe e os valores fundamentais que propicien o equilibrio persoal e melloren a calidade de vida dos alumnos.

Máis información na páxina web do Gabinete Psicopedagóxico do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

 

Apoio e Integración do Alumnado con Necesidades Especiais (PIUNE)

Na procura da integración total das persoas con discapacidade, tanto no ámbito académico como no laboral, a Universidade de Vigo dispón de varios programas. O Programa de inserción de discapacitados, promovido pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais, favorece a integración plena do estudantado na vida universitaria.

No enlace poderás coñecer tamén os detalles do PIUNE, Programa de apoio á integración de universitarios con necesidades especiais, así como a normativa e lexislación existente no ámbito da discapacidade.

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es