O Plan de Acción Titorial (PAT) da ESEI configúrase como o instrumento a través do cal se deseña o contido e a execución das distintas accións relativas á titorÃa universitaria.
Supón superar o modelo especificamente académico, unicamente preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un modelo educativo no que conflúen ademais funcións socio-educativas, baseadas en relacións recÃprocas e interaccións titor-alumno, alumno-alumno...
Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades dos alumnos e alumnas, normalizando as distintas accións e alcanzando un adecuado equilibrio entre as expectativas dos estudantes e os obxectivos que se expón no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.
Neste sentido, é de importancia destacar un dos principios polos que aposta o SGIC da ESEI e ao que con este plan trátase de responder: a adquisición de competencias do alumnado, atención á diversidade, orientación á aprendizaxe... recollidos dunha forma ampla en distintos capÃtulos do Manual de Calidade e os Procesos deseñados polo Centro.
+ Sobre ESEI
+ Estudios
+ Alumnos