GL
 
ES
ESEI
Universidade de Vigo

 

Trinidad Domínguez Vila

Tipo:

Axudante Doutora

Departamento:

Organización de Empresas e Marketing

Área:

Organización de Empresas

Dedicación:

Completa

Asignaturas:

Grao: Técnicas de Comunicación e Liderado

Web persoal:

Información non dispoñible

Experiencia docente:

Na Universidade de Vigo, impartiu docencia na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo ademais de participar en diferentes programas de doutorado como o Interuniversitario de Enxeñaría Térmica ou o de Administración Integrada de Empresas, e máster de Creación, Dirección e Innovación de Empresas ou de Dirección e Planificación do Turismo. Impartiu conferencias invitadas e cursos de especialización en diversas universidades tanto no ámbito nacional, como internacional (Vigo, Santiago de Compostela, Colombia, Brasil ou Australia entre outros). Tamén impartiu numerosos cursos de formación a institucións (Fundación Empresa - Universidade Galega, Confederación de Empresarios de Galicia ou Confederación de Empresarios de Ourense) e empresas privadas no ámbito da innovación e a creatividade. Así como realizado estanzas enfocadas ao ámbito docente en Veracruz (México).

Experiencia investigadora:

A súa actividade investigadora enmárcase na área de mercadotecnia turística para persoas con discapacidade e persoas maiores, e en temas de turismo 2.0. Publicou diversas contribucións científicas con achega a revistas internacionais e nacionais, así como a publicación de libros editados a nivel nacional e internacional. É revisora ademais de diversas revistas internacionais e nacionais. Foi conferenciante invitada e relator en diversas universidades e en congresos, simposios e workshops nacionais e internacionais. Así mesmo, ten dirixido/participado en diversos proxectos de investigación competitivos nacionais e realizou estadías de investigación na Universidade Deusto (Bilbao), Universidade de Brasilia (Brasil) ou University of Technology Sydney (Australia).

Contacto:

Despacho:

4.14 FCETOU

Teléfono:

988368746

Correo electrónico:

trinidad(at)uvigo.es

Titorías 1C:

Luns: 10:00-13:00

Titorías 2C:

Luns: 10:00-13:00

Titorías Outros Períodos:

Luns: 10:00-13:00

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es