GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

A ESEI dispón, como complemento ás ferramentas existentes na Universidade de Vigo, dun conxunto de ferramentas proporcionadas por Google nun paquete denominado Google Apps:

Gmail para Google Apps for Education é un servizo de correo web que ofrece 25 GB de almacenamento por usuario, e inclúe características como:

  • Videoconferencias
  • Correo electrónico
  • Mensaxería
  • Chat de vídeo e de voz
  • Sincronización con Outlook, BlackBerry e IMAP 

Google Calendar é unha axenda e calendario electrónico que permite programar as reunións, clases e eventos de forma online, permitindo ademáis:

  • Creación de varios calendarios
  • Invitacións ós eventos
  • Uso compartido con clases, centro e compañeiros
  • Sincronización con Outlook, BlackBerry e IMAP
  • Compartición de calendarios

Google Drive é un servizo de almacenamento de arquivos en liña cunha capacidade de 5 GB. Permite gardar ficheiros de forma online e acceder a eles desde calquera lugar:

  • Previsualización Online de ficheiros.
  • Compartir arquivos e carpetas.

Google Docs é unha suite ofimática basada na web para crear documentos en línea de forma grupal ou individual. Permite definir reglas de acceso para cada colaborador. Componse de:

  • Procesador de textos
  • Folla de cálculo
  • Programa de presentacións
  • Editor de formularios
  • O almacenamento de arquivos compártese con Google Drive

Google Grupos permite establecer listas de correo propias para compartir información (documentos, sitios e calendarios) dunha forma xerárquica (o control realízao o administrador).

Google Sites é unha aplicación de creación de sitios web. Permite a creación de intranets ou webs para traballos en clase dunha forma fácil e sen necesidade de coñecementos en programación nin HTML, permite:

  • Compartir documentos, presentacións e vídeos (con xestión de permisos de acceso).
  • Edición similar a un documento


* Máis información en http://edutraining.googleapps.com/ (información recopilada de google.com/apps e wikipedia)

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es