GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

Sistemas de apoio

 

Ao comezar cada novo curso académico organízase unha xornada de recepción para os novos alumnos. Nesta xornada ofréceselles toda a información que precisan para o comezo da súa vida como estudantes universitarios:

  • Estrutura organizativa da Escola e a Universidade.
  • Estrutura dos estudos.
  • Prazos e normativas importantes (modificacións de matrícula, cambios de quenda, etc...).
  • Servizos e infraestructuras do Centro: aulas, laboratorios, acceso a Internet, correo electrónico, etc.
  • Un representante de alumnos explica que é e para que serve a Delegación de Alumnos.
  • A directora da Biblioteca, ou persoa en quen delegue, explica o uso da mesma: organización dos fondos, accesibilidad, sistemas de procura, sistemas de peticións de títulos, etc.
  • Intervencións de responsables doutros servizos da Universidade (como o gabinete psicopedagóxico ou o servizo de deportes, entre outros).

 

Entre os servizos que se ofrece aos alumnos dende a súa incorporación ao Centro pódense citar os seguintes:

  • Correo electrónico: Todos os alumnos teñen asignada unha dirección de correo electrónico do Centro. Dende a Dirección, as Subdireccións e os servizos administrativos do Centro envíase continuamente información sobre noticias, prazos, becas, etc.
  • Actividades paralelas de apoio: Prográmanse este tipo de actividades, que complementan a actividade habitual de ensino-aprendizaxe, co obxectivo de subsanar deficiencias puntuais ou do perfil de ingreso. Estas actividades poden ser talleres sobre tecnoloxías ou procesos específicos, ciclos de proxeccións ou conferencias, talleres de lectura, etc. 
  • Mobilidade: Co fin de promover e facilitar a mobilidade de estudantes organízanse charlas informativas por parte da Oficina de Relacións Internacionais. Así mesmo, existe a figura de Coordinador de Relacións Internacionais, que se encarga de coordinar programas como Erasmus e SICUE que, entre as súas funcións, ten a de asesorar e orientar aos estudantes nos seus programas respectivos, tanto aos propios como aos alleos. 
  • Representación dos estudantes: a Delegación de Alumnos, aparte dos protocolos establecidos polo Sistema de Garantía de Calidade para a canalización de suxestións e reclamacións, serve de enlace entre os estudantes de xeito individual ou colectivo e o equipo directivo da titulación. A Escola pon á súa disposición os medios necesarios (un local, teléfono e equipamiento informático) así como unha partida presupostaria para que poidan cumprir a súa tarefa de representación, e outras como facilitar a realización de propostas e iniciativas do alumnado. 
  • Gabinete Psicopedagóxico: a Universidade de Vigo conta co seu propio Gabinete Psicopedagóxico a disposición dos estudantes para orientalos e asistilos tanto en cuestións académicas como noutras de índole persoal. Por outra banda, a Universidade ten en marcha un programa de apoio á integración do alumnado con necesidades especiais (PIUNE) para facilitar a súa vida académica e garantir o seu dereito ao estudo. 
  • Plan de Acción Titorial: dende fai uns anos a Escola dispón deste plan destinado principalmente (aínda que non de forma exclusiva) a alumnos de nova matrícula, cuxos obxectivos principais son:
    • Informar e orientar ao novo alumnado sobre a estruturación e o funcionamento da Escola, para lograr así unha mellor e máis rápida integración do novo alumno no contexto universitario.
    • Facilitar o proceso de adaptación do ensino secundario, dos ciclos formativos, ou doutras vías de acceso á universidade.
    • Contribuír á integración do alumno no Campus Universitario e na cidade de Ourense.
    • Informar ao estudante sobre cuestións académicas e/ou profesionais.
    • Fomentar a participación do alumnado nos distintos ámbitos da vida universitaria.
    • Analizar o desenvolvemento do alumnado tanto no plano académico como no persoal.
    • Valorar a necesidade do apoio titorial como instrumento de coñecemento e reflexión no proceso de formación universitario.
    • Axudar ao alumnado, na medida do posible, naqueles problemas ou situacións que lles provoquen inquietude e ansiedade.

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es