GL
 
ESEI
Universidade de Vigo
Loading

 

 
Solicitude de prácticas curriculares

03.07.2019 10:07




Está aberto o prazo de solicitude de asignación de prácticas en empresas para as titulacións de Grao e Master en Enxeñaría Informática. 

As solicitudes deben presentarse a través dun dos seguintes formularios:

O/A solicitante indicará ata 5 opcións, por orde de preferencia. Pódense solicitar varias prácticas na mesma empresa (por exemplo, en diferentes cuadrimestres e/ou con diferente duración en horas), pero sempre axustándose á oferta da empresa (é dicir, non se terán en conta solicitudes para cuadrimestres e/ou ECTS que non sexan ofertados).  

IMPORTANTE: hai varias empresas que ofertan diferentes programas formativos, e que se diferencian por un número entre paréntesis a continuación do nome da empresa. É IMPRESCINDIBLE que se faga constar o número correcto desa oferta na solicitude.

O prazo de solicitude finaliza o 5 de xullo de 2019, ás 23:59 h.

A asignación de prácticas realizarase por orde de expediente, segundo o establecido pola normativa vixente.  

Pódese consultar toda a información referente ás ofertas de prácticas na web da ESEI, no apartado de Prácticas Curriculares

Tamén está dispoñible na web da ESEI a oferta de Prácticas Extracurriculares, que se xestionarán directamente coa FUVI.








<- Atrás, na lista de novas

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es