GL
 
ESEI
Universidade de Vigo
Loading

 

 
Premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre

12.09.2018 13:46



O prazo de presentación de candidaturas remata o 2 de outubro de 2018


Cartel premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre

 

Para fomentar o uso do Software Libre dentro da comunidade universitaria, a Oficina de Software Libre[1] do CIXUG[2], en colaboración coa AMTEGA[3] a través de mancomún[4], convoca o XI Premio ao mellor Proxecto Universitario con licenza libre[5].

Poderán presentarse proxectos fin de carreira, grao ou mestrado que cumpran os seguintes requisitos:

1. Que sexan realizados cunha implementación libre de calquera linguaxe de programación.

2. Que o software desenvolvido sexa liberado baixo unha licenza libre de entre as recoñecidas como tal, pola Free Software Foundation[6] ou a Open Source Initiative[7].

Tamén poderán participar os proxectos que, cumprindo os requisitos previos, sexan realizados utilizando hardware libre.

Conta cun premio de 1.500€ e un accésit de 750€ patrocinado pola asociación GPUL[8].

O prazo de presentación de candidaturas remata o 2 de outubro de 2018.

 

[1] http://osl.cixug.es/

[2] http://www.cixug.gal/

[3] http://amtega.xunta.gal/

[4] https://www.mancomun.gal/

[5] https://www.mancomun.gal/premiopfc/presentacion/

[6] http://www.gnu.org/licenses/license-list.html#SoftwareLicenses

[7] https://opensource.org/licenses

[8] http://gpul.org/








<- Atrás, na lista de novas

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es