GL
 
ESEI
Universidade de Vigo
Loading

 

 
Convocatoria Erasmus + Prácticas 17/18

04.05.2017 12:42




O pasado  24 de abril foi publicada a convocatoria Erasmus + Prácticas  para o vindeiro curso 17-18.

 

O primeiro prazo de solicitudes está aberto na actualidade ate o día 30 de xuño de 2017  para todos aqueles alumnos que cumpran os requisitos contidos na convocatoria que (moi resumidos) son os seguintes:

 

·         Modalidade A) Alumnos: Estar matriculado na Universidade en estudos de Licenciatura, Diplomatura, Enxeñaría, Grao ou Master ou Doutoramento. Ter superado polo menos o 50% dos créditos de que consta a titulación (excepto para o caso de Master e Doutoramento)

·         Modalidade B)Titulados Recentes: Alumnos que rematan  a súa titulación oficial universitaria no curso 16-17. Estes alumnos, poderán realizar as prácticas como titulados recentes nos 12 meses inmediatamente posteriores á finalización dos seus estudos universitarios. IMPORTANTE: Os titulados recentes só poden presentar a súa solicitude ate o 31 de xuño de 2017. Despois xa non son elixibles.

·         Ter un nivel mínimo do idioma no que se vaian a desenvolver as prácticas de B1 (Os alumnos que realizaron un período de mobilidade previa, poden estar exentos, dependendo do pais/idioma no que se desenvolvese a estadía previa. Existen máis exencións para a acreditación do idioma contidas na convocatoria). É necesario acreditar o coñecemento do idioma antes do inicio da mobilidade.

·         Contar coa carta de aceptación asinada pola empresa e por un titor de prácticas da Universidade, que podes ser un profesor do centro da elección do alumno ou no caso de prácticas curriculares o propio profesor responsable desa materia.

Unha vez pechado o primeiro prazo de presentación de solicitudes abrirase un segundo prazo que pechará o 31 de outubro e de existir vacantes, os abriranse os seguintes prazos previstos na convocatoria. .

Ofértanse  un mínimo de 65 prazas para realizar unha de estadía dun mínimo de 2 meses de duración.

As prácticas para o primeiro prazo de solicitudes poderán ter lugar entre o 1/09/2017 e o 31/08/2018.

A contía da bolsa Erasmus prácticas oscila entre 300€ e 400€ dependendo do país de destino e é compatible coas axudas que voluntariamente outorgue a empresa.

Podedes atopar máis información en :

 

www.uvigo.es/uvigo_gl/administracion/ori/uvigo/erasmus_practicas.html








<- Atrás, na lista de novas

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es