GL
 
ESEI
Universidade de Vigo
Loading

 

 
Sorteo Vivofit2 por participación en enquisas a estudantes 3º Grao e MEI (20/05/2016)

18.05.2016 13:10




A ESEI sorteará unha pulseira de actividade Garmin Vivofit2 (ver imaxe adxunta) entre todos aqueles participantes nas enquisas de avaliación da satisfacción das titulacións oficiais,orientadas ao estudantado de 3º de grao e do 1º ou 2º de mestrado, antes do venres 20 de maio de 2016. Esto inclúe a todos aqueles que xa tiveran feita nestes intres a enquisa.

 

Realizala é un proceso moi sinxelo. Está habilitada unha plataforma informática en secretaría virtual:

seix.uvigo.es/uvigo.sv/

con acceso directo desde a páxina principal da web da Universidade de Vigo.

 

A enquisa é anónima e confidencial. A identificación mediante o NIF, NIE ou outro documento cumpre a función de código de acceso, de xeito que en ningún caso quedará asociada á resposta emitida ao encher o cuestionario.

 

Podedes atopar máis información de interese nas ligazóns:

calidade.uvigo.es/calidade_gl/alumnado/encuestas_alumnado/

da páxina web da Área de apoio á docencia e calidade, así como información de axuda dispoñible na epígrafe « Axuda » da páxina web de secretaría virtual.

 

Para calquera dúbida, soporte ou apoio que precisedes podedes dirixirvos a mín (eva@uvigo.es, 988387019, despacho 412).

 

Este proceso de recollida da opinión do estudantado resulta imprescindible para a mellora continua dos centros e das titulacións, polo que dende o Centro agradecemos a colaboración dun xeito sincero e responsable.






Ficheiros:

garmin_vivofit_2_negro_pulsera_actividad_12_m.jpg7.8 K

<- Atrás, na lista de novas

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es