ES
ESEI
Universidade de Vigo
Loading

 

 
HORA DO CÓDIGO SÁBADO 19 ENERO 2019

15.01.2019 10:43



Campus de Ourense Edificio Politécnico ESEI


O vindeiro sábado, día 19 de xaneiro de 2019, a Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo (ESEI) e o Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG) organizamos un conxunto de actividades e talleres dirixidos a nenas e nenos de entre 6 e 18 anos co obxectivo de achegarlles dunha forma lúdica e divertida á programación, á tecnoloxía de impresión en 3D e á programación de pequenos dispositivos. As actividades, que son totalmente gratuítas, desenvolveranse nas aulas da Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense segundo o PROGRAMA.

 

Toda a información sobre o evento e inscrición está dispoñible no enlace anterior e na web de "A Hora do Código" (horadocodigo2019.eventbrite.es).

 

 








<- Atrás, a la lista de noticias

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es