Vitor leva tempo embarcado nun gran proxecto para un operador de telecomunicacións nacional onde tivo a oportunidade de liderar a implantación de microservizos usando Spring Boot, un framework moi popular baseado en Spring.
Esta charla será unha boa oportunidade de coñecer algunhas tecnoloxías modernas pero accesibles a todo o mundo.
A charla terá un contido teórico e práctico, e veremos cómo implementar de forma sinxela unha arquitectura de microservizos co framework Spring Boot. Mediante exemplos prácticos, con unhas poucas liñas de código poñeremos en funcionamento un API REST, utilizando as ferramentas que nos facilita o ecosistema Spring.
Optare Solutions (optaresolutions.com) é unha consultora viguesa de integración de sistemas especializada no sector das telecomunicacións, con proxectos en máis de 15 paises e máis de 30 operadoras. Actualmente ten oficinas en Vigo, Madrid e Cidade de México, e nas próximas semanas abrirá unha nova oficina en Ourense.
No mesmo acto presentarase en primicia unha innovadora iniciativa ligada a Ourense, á ESEI e a Optare Solutions.