ES
ESEI
Universidade de Vigo
Loading

 

 
PRÁCTICAS EN EMPRESAS - SOLICITUDE DE ASIGNACIÓN PARA GRAO E MÁSTER

29.05.2017 10:59




Aberto o prazo de solicitude asignación de prácticas en empresas para as titulacións de Grao e Master en Enxeñaría Informática.

 

As solicitudes deben presentarse no rexistro do Centro o en calquera outro rexistro da Universidade de Vigo, dirixido ao Director da ESEI, mediante o correspondente formulario, dispoñible na web da ESEI, no apartado de  formularios de Prácticas en Empresas.

 

O/A solicitante indicará ata 5 opcións, por orde de preferencia. Pódense solicitar varias prácticas na mesma empresa (por exemplo, en diferentes cuadrimestres e/ou con diferente duración en horas), pero sempre axustándose á oferta da empresa (é dicir, non se terán en conta solicitudes para cuadrimestres e/ou ECTS que non sexan ofertados). No caso das prácticas da empresa COREMAIN en Santiago, debe indicarse na solicitude o nome do responsable do proxecto concreto que se solicita.

 

O prazo de solicitude finaliza o 9 de xuño de 2017, ás 14:00 h.

 

Pódese consultar toda a información referente ás ofertas de prácticas na web da ESEI, no apartado de Prácticas Curriculares.

A asignación de prácticas realizarase por orde de expediente, segundo o establecido pola normativa vixente.








<- Atrás, a la lista de noticias

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es