Hora do Código Sábado 16 ![]() Hora do Código na ESEIO vindeiro sábado pola mañá, día 16 de decembro, a Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo (ESEI) e o Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG) organizamos dentro da semana da Educación en Informática un conxunto de actividades e talleres dirixidos a nenas e nenos de entre 6 e 18 anos co obxectivo de achegarlles dunha forma lúdica e divertida á programación, á tecnoloxía de impresión en 3D e á programación de pequenos dispositivos. As actividades, que son totalmente gratuítas, desenvolveranse nas aulas da Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense segundo o programa que se adxunta.
Toda a información sobre o evento está dispoñible no documento adxunto e na web de "A Hora do Código" (http://www.horadocodigo.gal).
A inscrición pode realizarse a través da web: horadocodigoesei.eventbrite.es
|
+ Sobre ESEI
+ Estudios
+ Alumnos