GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

Condicións de admisión

Poderán acceder ao Máster en Enxeñaría Informática os estudantes que cumpran os requirimentos de acceso establecidos para a titulación.

Os estudantes deberán presentar a solicitude de admisión no programa na forma que determinen as normas de admisión e matrícula da Universidade de Vigo, aprobadas por resolución reitoral para cada curso académico. O sistema de selección seguirá os principios de obxectividade, imparcialidade, mérito e capacidade, e realizarase, principalmente, en base ao expediente académico da titulación de acceso do alumno. O promedio do expediente calcularase segundo a fórmula establecida pola Xunta de Galicia para a súa utilización polas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

O promedio do expediente dos alumnos provenientes de titulacións que requiran complementos formativos previos (apartado 4.2.1.3 desta memoria) ponderarase multiplicándoo por 0.5.

Os solicitantes cuxa titulación sexa allea ao sistema universitario español deberán aportar a documentación relativa ao sistema de calificación na súa universidade de orixe.

En caso de empate coa aplicación dos criterios anteriores, a Comisión Académica poderá realizar, se o considera oportuno, entrevistas persoais nas que se valoraría a adecuación do solicitante ao perfil de ingreso da titulación.

A proposta da Comisión Académica, a Xunta de Escola poderá aprobar a incorporación aos criterios de admisión da acreditación dun nivel B1 de inglés, dacordo co Marco Europeo de Referencia para as Linguas, tanto como condición esixible para a obtención do título, para o acceso, ou unicamente como criterio favorable para o mesmo. Para isto, utilizarase calquera dos sistemas de acreditación das competencias xerais de coñecemento de idioma aprobados pola Universidade de Vigo.

A comisión Académica do Máster elevará anualmente á Xunta de Centro unha proposta de criterios de admisión ao Máster que se axustará aos criterios xerais establecidos na memoria da titulación.

Admisión en matrícula ordinaria a tempo parcial

Permitirase a matrícula a tempo parcial unicamente a aqueles alumnos que demostren documentalmente unha das dúas condicións:

a) Ser traballadores en activo. 

b) Estar cursando outra titulación universitaria.

c) Situaciones excepcionais que valorará a Comisión Académica del Máster.

O alumno ten que matricularse como mínimo de 30 ECTS/curso académico, e non pode matricularse do Traballo Fin de Máster se non se matriculou de todos os créditos necesarios para a obtención do título. Para matricularse dos módulos de orientación o alumno a tempo parcial deberá ter superado ou estar matriculado de todos os créditos obrigatorios.

Os alumnos que soliciten matrícula en réxime de tempo completo terán preferencia sobre os que a soliciten en réxime de tempo parcial.

Admisión en réxime de formación continua

Segundo se establece no artigo 12 do Regulamento de Estudos de Posgrao da Universidade de Vigo, a matrícula en réxime de formación continua (ou matrícula especial) é a de quen, con independencia da titulación que posúa, se inscriba en módulos ou materias diversas das que se ofrecen no plan de estudos dun Máster, sen aspirar á obtención do título.

A admisión para formalizar matrícula en réxime de formación continua realizaraa o Reitor á vista das prazas dispoñibles e soamente para materias nas que se imparta docencia, unha vez computadas as matrículas ordinarias. O alumnado en réxime de formación continua será cualificado cas mesmas cualificacións que o alumnado de matrícula ordinaria e obterán o certificado académico correspondente ao finalizar o curso académico.

Poderán matricularse en réxime de formación continua os alumnos que teñan cursada, total ou parcialmente, algunha das titulacións que dan acceso ao Máster. No caso dos solicitantes que non procedan de titulacións con acceso directo ao Máster, deberán aportar información acreditativa (cursos, materias de titulacións…) dos seguintes coñecementos de Informática:

  • Coñecementos avanzados de programación.
  • Coñecementos avanzados de sistemas operativos.
  • Coñecementos avanzados de redes de ordenadores.

Nese caso, a Comisión Académica será a responsable de valorar se os méritos alegados polo solicitante son suficientes para acceder ao réxime de formación continua.

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es