GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

Titulacións de acceso directo

Terán acceso directo ao Máster en Enxeñaría Informática pola Universidade de Vigo os estudantes que acrediten posuír unha das seguintes titulacións:

a) Grao en Enxeñaría Informática, ou graos con outras denominacións, vinculados ao exercicio da profesión de enxeñeiro técnico en informática, e cuxas competencias se axusten completamente ao establecido no apartado 5 do Anexo II da Resolución de 8 de xuño de 2009 (BOE 4-agosto-2009), da Secretaría Xeral de Universidades.

b) Enxeñeiro/Licenciado en Informática

c) Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión

d) Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas

e) Diplomado en Informática

f) Títulos equivalentes aos anteriores expedidos por institucións superiores do EEES

g) Títulos obtidos en sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao (de acordo co Real Decreto 1393/2007)

O apartado 5 do Anexo I da Resolución de 8 de xuño de 2009 (BOE 4-agosto-2009), da Secretaría Xeral de Universidades, establece que

“Los títulos a que se refiere el Anexo I del presente acuerdo son enseñanzas universitarias oficiales de Máster, y sus planes de estudio deberán organizarse de forma que la duración total de la formación de Grado y Máster no sea inferior a 300 créditos europeos [...]. Para la obtención del título de Máster se requerirá una formación de posgrado en función de las competencias contempladas en el Máster y de las competencias del título de Grado que posea el solicitante que, en total, no exceda de 120 créditos europeos”.

Co fin de garantir o cumprimento deste mínimo establecido de 300 ECTS, os estudantes que pola súa titulación de acceso directo (por exemplo, enxeñeiros técnicos en informática ou diplomados en informática) non alcancen este número de créditos á finalización do máster, deberán cursar uns complementos formativos.

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es