GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

Perfil de ingreso

O Máster en Enxeñaría Informática está dirixido a estudantes interesados en recibir unha formación avanzada no ámbito da Enxeñaría en Informática, co fin de desenvolver unha carreira profesional neste sector. En concreto, diríxese especialmente a alumnos egresados dun título de Grao en Enxeñaría Informática ou graos con outras denominacións, vinculados ao exercicio da profesión de enxeñeiro técnico en informática, e cuxas competencias se axusten ao establecido no apartado 5 do Anexo II da Resolución de 8 de xuño de 2009 (BOE 4-agosto-2009), da Secretaría Xeral de Universidades. Por tanto, o perfil de ingreso ideal está definido polas competencias asociadas a todo enxeñeiro técnico en informática.

En canto ás características persoais, é aconsellable que o alumno:

  • Teña capacidade para a aprendizaxe autónoma, interese pola actualización de coñecementos, e recoñeza a súa necesidade no exercicio profesional da informática.
  • Saiba traballar en situacións de escaseza de información e baixo presión, tendo capacidade de innovación, creatividade e xeración de novas ideas.
  • Teña capacidade para traballar de forma colaborativa, integrado en equipos, organizando, planificando, tomando decisións, negociando e resolvendo conflitos, relacionándose, e criticando e facendo autocrítica.
  • Teña iniciativas e espírito emprendedor, así como capacidade para o liderado, a dirección, a xestión de equipos e proxectos.
  • Sexa un bo comunicador, tanto de forma falada como escrita.



 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es