GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

Transferencia e recoñecemento de créditos

Os procedementos de transferencia e recoñecemento de créditos articularanse conforme ao establecido no RD 1393/2010 e modificado polo RD 861/2010, e a Normativa de Transferencia e Recoñecemento de Créditos para Titulacións Adaptadas ao EEES da Universidade de Vigo, aprobada polo Consello de Goberno o 23 de xullo de 2008 (ver máis).

O recoñecemento de créditos realizarase de acordo co procedemento que estableza a Universidade de Vigo.

Segundo o establecido na normativa en vigor, o recoñecemento de créditos no máster deberá respectar as seguintes regras:

  • Serán competencias recoñecibles por materias, módulos e complementos formativos do programa dos estudos de máster, calquera estudo universitario, perfil académico ou profesional coincidentes coas competencias e coñecementos que se impartan no máster así determinado mediante a correspondente resolución reitoral, de conformidade cos órganos académicos destes estudos.
  • Os módulos, materias e complementos de formación recoñecidos por resolución reitoral consideraranse superados para todos os efectos e figurarán no expediente do alumnado.
  • Só se poderán recoñecer estudos correspondentes aos segundos ciclos de ensinos conducentes a titulacións de Licenciado, Enxeñeiro e Arquitecto.

A proposta da Comisión Académica do Máster, a Xunta de Centro será a responsable de aprobar e publicar a táboa de adaptación e recoñecemento de créditos dos estudos existentes na ESEI (Enxeñaría en Informática, Máster en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables e Máster en Consultoría de Software Libre) ao novo plan. En calquera caso, a Comisión Académica do Máster decidirá de maneira personalizada que materias deben cursar en cada caso os estudantes en caso de conflito.

En ningún caso poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes ao traballo fin de máster, segundo o establecido polo RD 1393/2007 e modificado polo RD 861/2010.

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es