GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

Especialidades

 

O Máster en Enxeñaría Informática ten tres posibles especialidades ou intensificacións. Cada unha delas correspóndese cun módulo de 12 ECTS, e o alumno deberá escoller una destas especialidades no segundo curso.

DIRECCIÓN DE INFORMÁTICA

O Enxeñeiro en Informática que curse esta especialidade será un profesional capacitado para:

  • Saber organizar un departamento de tecnoloxías da información nunha empresa.
  • Calcular o rendemento económico e financeiro das inversións en tecnoloxías da información.
  • Capacidade para aplicar criterios de decisión na selección de aplicacións corporativas e solucións tecnolóxicas.
  • Realizar un plan de sistemas de información aliñado coa estratexia e os obxetivos da empresa.
  • Adquirir unha visión global e integradora dos elementos clave da gobernanza das TI.
  • Coñecer e aplicar os estándares máis novedosos para a explotación de departamentos de informática e TIC (IT Governance).
  • Dirixir e motivar equipos para lograr os obxetivos propostos.
  • Saber resolver conflitos mediante a aplicación de técnicas de negociación.

Ver asignaturas e contidos

 

DESEÑO E ADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS E REDES

O Enxeñeiro en Informática que curse esta especialidade será un profesional capacitado para:

  • Administrar as necesidades e os recursos técnicos dun escenario TIC.
  • Deseñar e dirixir a execución de estratexias de implantación dun entorno de servizos telemáticos.
  • Executar políticas preventivas en base a resultados de monitorización.
  • Dispor dunha visión integrada dos sistemas e redes de datos dunha organización.
  • Idear, organizar, configurar e desplegar sistemas de autentificación corporativa.
  • Integrar sistemas CMS multipropósito para proporcionar servizos corporativos.
  • Conocer os conceptos asociados ó correo electrónico e filtrado, sendo capaz de deseñar, despregar, integrar e mantener servizos corporativos neste ámbito
  • Planificar, deseñar e despregar servizos VoIP en entornos corporativos.
  • Coñecer as vantaxes do almacenamiento masivo en rede e ser capaz de usalos de modo eficiente e seguro.
  • Tomar decisións relativas ó modelo de servizos (corporativo ou externalización).

Ver asignaturas e contidos

 

DESENVOLVEMENTO DE GRANDES SISTEMAS SOFTWARE

O Enxeñeiros en Informática que curse esta especialidade será un profesional capacitado para:

  • Saber empregar de forma eficaz e concurrente os sistemas para o control de versións do código fonte.
  • Ser capaz de configurar solucións de integración e despregue continuo co obxectivo de axilizar a avaliación do estado do desenvolvemento.
  • Coñecer e saber aplicar as ferramentas de automatización da construcción do software, incluindo a creación da estrutura do proxecto, a recuperación e xestión eficiente de dependencias, a compilación do código e o empaquetado do artefacto final.
  • Coñecer e saber aplicar as ferramentas de automatización dos diversos tipos de probas necesarias para garantir a calidade das aplicacións.
  • Ser capaz de integrar as probas de software o proceso de desenvolvemento de aplicacións.
  • Coñecer e saber aplicar as ferramentas de xestión integrada de software como medio para o seguimento de proxectos de desenvolvemento software e de comunicación entre os participantes en proxectos software.
  • Coñecer o contexto e necesidades das aplicacións empresariais actuais.
  • Coñecer as diferentes plataformas e estándares tecnolóxico para o desenvolvemento das aplicacións empresariais.
  • Ser capaz de estruturar en capas os diferentes compoñentes software necesarios.
  • Ser capaz de configurar e desplegar aplicacións nos principais servidores de aplicacións do mercado.

Ver asignaturas e contidos

 

 

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es