GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

Centro de Linguas

O Centro de Linguas da Universidade de Vigo, dependente da Vicerreitoría de Relacións Internacionais, nace co obxectivo de dotar á comunidade universitaria e á sociedade en xeral dun servizo de ensino de idiomas.

Dá cobertura aos tres campus da Universidade (Vigo, Ourense e Pontevedra) e a súa misión é organizar e fomentar a docencia de segundas e terceiras linguas, abríndose así ao marco da cultura europea e traspasando fronteiras, xa que o coñecemento doutras linguas facilita a comprensión dos seus falantes.

A oferta de idiomas atende a diferentes tipos de demandas:

  • O interese do alumnado das facultades e escolas en completar o seu currículo, reforzando o aspecto lingüístico.
  • A necesidade de seguir cursos de español dos estudantes estranxeiros que veñen á nosa Universidade temporalmente.
  • A demanda do persoal investigador de ampliar e completar a súa competencia lingüística, particularmente nos idiomas máis utilizados no ámbito científico.

Máis información

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es