GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

Especialidades

Como consecuencia da visión das necesidades do mercado laboral obtida tras os estudos realizados durante a elaboración do plan de estudos, ofértanse dous perfís profesionais diferenciados e con elevado atractivo na contorna socioeconómica galega e española.

A optatividade organizase de xeito que o estudante que desexe centrarse nun único itinerario poderá cursar os 30 ECTS (cinco materias) de optatividade con materias do mesmo, a elexir nunha oferta máxima de 10 materias. 

O estudante poderá escoller materias optativas de calquera dos dous itinerarios, aínda que para que no seu título se acredite que cursou un itinerario deberá superar alomenos 24 ECTS en materias pertencentes ao mesmo. Neses 24 ECTS non se contabilizan as prácticas profesionais.

Enxeñaría do Software

Coordinador: Miguel Reboiro Jato

O deseño deste perfil, especialmente atractivo para consultoras e empresas dedicadas ao desenvolvemento de aplicacións software, está inspirado no curriculum "Software Engineering" proposto pola ACM (Association for Computing Machinery). Un profesional con este perfil terá as capacidades necesarias para asumir responsabilidades e funcións como:

  • Dirección e coordinación de proxectos de desenvolvemento de software.
  • Análise de requisitos de software.
  • Modelado de software.
  • Creación e aplicación das probas que permitan verificar que os sistemas informáticos cumpren requisitos e especificacións.
  • Participación no deseño de sistemas informáticos na informatización de áreas das organizacións.
  • Dirección da implantación de sistemas integrados (ERP, CRM, etc) ou dos sistemas abertos de arquitectura empresarial definidos nas políticas informáticas da empresa (frameworks, etc.).

Este perfil está composto por un máximo de dez asignaturas optativas de 6 ECTS cada unha, entre as que o alumno deberá elixir cinco (dependendo das dispoñibilidades orzamentarias e de profesorado da Universidade, é posible que non se oferten sempre as dez asignaturas). As asignaturas que compoñen esta especialidade son:

DESENVOLVEMENTO E CALIDADE DO SOFTWARE (non se oferta)

- APLICACIÓNS CON LINGUAXES DE SCRIPTS

- ARQUITECTURAS WEB E ORIENTADAS A SERVIZOS (non se oferta)

- SISTEMAS DE NEGOCIO

- COMPUTACIÓN E SOFTWARE NA NUBE (non se oferta)

- DESENVOLVEMENTO ÁXIL DE APLICACIÓNS

- PROCESOS SOFTWARE (non se oferta)

- DESENVOLVEMENTO E INTEGRACIÓN DE APLICACIÓNS

- DESEÑO DE ARQUITECTURAS DE GRANDES SISTEMAS DE SOFTWARE

- MÉTODOS AVANZADOS DE ENXEÑERÍA DE SOFTWARE

 

Competencias e contidos da especialidade e asignaturas na memoria do título (pdf)

 

Tecnoloxías da información

Coordinador: Daniel González Peña

O deseño deste perfil, especialmente atractivo para os departamentos tecnolóxicos de empresas de calquera sector industrial, estivo guiado polo currículum "Information Technology" proposto pola ACM. Un profesional con este perfil poderá asumir responsabilidades como:

  • Selección e integración de produtos hardware e software adecuados para unha organización.
  • Definición das políticas dos sistemas hardware e de rede, así como as características dos sistemas de comunicacións.
  • Definición da política informática da empresa a medio e longo prazo.
  • Participación na implantación de ferramentas de Datawarehouse, SIAD, Data Mining, etc.
  • Desenvolvemento coherente das actividades de Internet da empresa e xestión da evolución en función das necesidades estratéxicas da empresa.
  • Deseño da seguridade do sistema informático.
  • Vixilancia da tecnoloxía e definición das orientacións técnicas.

Este perfil está composto por dez asignaturas optativas de 6 ECTS cada unha, entre as que o alumno deberá elixir cinco (dependendo das dispoñibilidades orzamentarias e de profesorado da Universidade, é posible que non se oferten sempre as dez asignaturas). As asignaturas que compoñen esta especialidade son:

- TECNOLOXÍAS E SERVIZOS WEB

CREACIÓN DE CONTIDOS DIXITAIS

- DISPOSITIVOS MÓBILES

- DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS PARA INTERNET

- TÉCNICAS AVANZADAS DE MANEXO DE INFORMACIÓN

- INFORMÁTICA INDUSTRIAL (non se oferta)

- DIRECCIÓN ESTRATÉXICA DAS TIC (non se oferta)

- MODELADO E SIMULACIÓN DE PROCESOS (non se oferta)

- TEORÍA DE CÓDIGOS

- REDES CORPORATIVAS (non se oferta)

 

Competencias e contidos da especialidade e asignaturas na memoria do título (pdf) 

 

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es