GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

Estrutura do Plano de Estudos

O plan de estudos do Grao en Enxeñaría Informática está formado por materias de diferentes tipos:

  • Formación básica: 60 ECTS
  • Obrigatorias: 138 ECTS
  • Optativas (perfil "Enxeñaría de Software"): 60 ECTS, dos que o estudante debe cursar 30
  • Optativas (perfil "Tecnoloxías da Información"): 60 ECTS, dos que o estudante debe cursar 30
  • Traballo Fin de Grao: 12 ECTS

Para obter o título de Grao, o estudante deberá superar 240 ECTS, incluíndo o Traballo Fin de Grao.

Un crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo do alumno (que se reparten en actividades presenciais e non presenciais).

ORGANIZACIÓN DAS MATERIAS

O plan de estudos está organizado en materias, que a súa vez se dividen en asignaturas:

 

Materia: ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN (18 ECTS)

Coordinador: Enrique Barreiro Alonso.

Esta materia ten 12 ECTS de formación básica e 6 de carácter obrigatorio. Está composta polas seguintes asignaturas, nas que se adquiren competencias relativas ao cumprimento da lexislación que regula as actividades da práctica profesional, a planificación, dirección e xestión de proxectos informáticos, aseguramiento das directrices de calidade e o coñecemento dos procesos e a organización empresariais:

FUNDAMENTOS ÉTICOS E XURÍDICOS DAS TIC

- ADMINISTRACIÓN DA TECNOLOXÍA E A EMPRESA

- DIRECCIÓN E XESTIÓN DE PROXECTOS

Competencias e contidos da materia e asignaturas

 

Materia: MATEMÁTICAS E ESTATÍSTICA (24 ECTS)

Coordinador: Tomás Cotos Yáñez.

Ten na súa totalidade carácter de formación básica e estrutúrase en catro asignaturas, nas que se adquiren competencias de matemática discreta, lóxica, álxebra lineal e estatística que son fundamentais para outras materias da titulación, pois proporciona a base matemática necesaria para disciplinas como a estrutura de datos, algoritmos, programación, linguaxes informáticas, teoría de bases de datos, teoría de autómatas, linguaxes formais, teoría de compiladores, redes, informática gráfica, seguridade, sistemas operativos...

FUNDAMENTOS MATEMÁTICOS PARA A INFORMÁTICA

- ÁLXEBRA LINEAL

- ANÁLISE MATEMÁTICO

- ESTATÍSTICA

Competencias e contidos da materia e asignaturas

 

Materia: PROGRAMACIÓN (36 ECTS)

Coordinador: Víctor Manuel Darriba Bilbao

Esta materia está composta por 6 asignaturas, nas que se adquiren competencias relativas ás estruturas de datos, programación, sistemas para analizar, modelar, manipular, deseñar e desenvolver sistemas informáticos, así como programar de forma robusta, correcta e eficiente.

- PROGRAMACIÓN I

- PROGRAMACIÓN II

- ALGORITMOS E ESTRUCTURAS DE DATOS I

- ALGORITMOS E ESTRUCTURAS DE DATOS II

- LÓXICA PARA A COMPUTACIÓN

- TEORÍA DE AUTÓMATAS E LINGUAXES FORMAIS 

Competencias e contidos da materia e asignaturas

 

Materia: SISTEMAS OPERATIVOS, SISTEMAS DISTRIBUIDOS E REDES  (36 ECTS)

Coordinador: David Olivieri

Esta materia está composta por seis asignaturas nas que se adquiren competencias específicas relativas ao coñecemento do funcionamento e a administración dos sistemas operativos, o deseño e xestión de redes, o deseño de políticas de seguridade ou o desenvolvemento de sistemas distribuídos e concorrente:

- SISTEMAS OPERATIVOS I

- SISTEMAS OPERATIVOS II

- REDES DE COMPUTADORAS I

- REDES DE COMPUTADORAS II

- CONCORRENCIA E DISTRIBUCIÓN

- SEGURIDADE EN SISTEMAS INFORMÁTICOS

Competencias e contidos da materia e asignaturas

 

Materia: SISTEMAS DE SOFTWARE (36 ECTS)

Coordinador: Arturo Méndez Penín.

Está composta por seis asignaturas nas que se adquiren competencias relativas á análise, deseño e construción de sistemas de software, aplicación de metodoloxías de desenvolvemento, deseño e administración de bases de datos, deseño de interfaces de usuario e fundamentos e construción de sistemas intelixentes:

- ENXEÑERÍA DO SOFTWARE I

- ENXEÑERÍA DO SOFTWARE II

- BASES DE DATOS I

- BASES DE DATOS II

- INTERFACES DE USUARIO

- SISTEMAS INTELIXENTES

Competencias e contidos da materia e asignaturas

 

Materia: ENXEÑERÍA DE COMPUTADORAS (36 ECTS)

Coordinador: Matías García Rivera.

Materia de seis asignaturas, nas que se adquiren competencias relativas ao coñecemento dos fundamentos físicos dos computadores, arquitecturas, funcionamento, instalación e administración de sistemas hardware, deseño de centros de datos, etc:

- SISTEMAS DIXITAIS

- ARQUITECTURA DE COMPUTADORAS I

- ARQUITECTURA DE COMPUTADORAS II

- ARQUITECTURAS PARALELAS

- HARDWARE DE APLICACIÓN ESPECÍFICA

- CENTROS DE DATOS

Competencias e contidos da materia e asignaturas

 

Materia: PROXECTOS (12 ECTS obrigatorios)

Coordinadora: Anália García Lourenço.

Esta materia está composta por dúas asignaturas obrigatorias de 6 ECTS cada unha, nas que se adquiren competencias relativas ao desenvolvemento de habilidades directivas e se profunda nas relacionadas co traballo en equipo e ca xestión de proxectos a tódolos niveis.

- APRENDIZAXE BASADO EN PROXECTOS

- TÉCNICAS DE COMUNICACIÓN E LIDERAZGO

Competencias e contidos da materia e asignaturas

 

Materia: PRÁCTICAS EN EMPRESA (12 ECTS optativos)

Coordinador: Enrique Barreiro Alonso.

Esta materia está composta por dúas asignaturas de prácticas en empresa, de 6 ou 12 ECTS, nas que se pode profundar  en competencias relativas aos módulos de Enxeñaría do Software e Tecnoloxías da Información, dotando ao estudante de experiencia no desempeño da profesion de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática, e as súas funcións e responsabilidades máis habituais.

- PRÁCTICAS EN EMPRESA I

- PRÁCTICAS EN EMPRESA II

Competencias e contidos da materia e asignaturas

 

Materia: TRABALLO FIN DE GRAO (12 ECTS obrigatorios)

Coordinadora: María José Lado Touriño.

Esta materia está composta por unha asignatura obrigatoria de 12 ECTS, o Traballo Fin de Grao. Nesta materia pódese profundar en calquera das competencias adquiridas polo estudante no desenvolvemento dos seus estudos.

TRABALLO FIN DE GRAO

Competencias e contidos da materia e asignaturas

 

ORGANIZACIÓN DAS ESPECIALIDADES

Establécense dúas especialidades que achegan ao currículo do alumno non só un elevado atractivo fronte aos empleadores, senón que desenvolven un conxunto de competencias técnicas e transversais que lle permiten avanzar, ao longo da súa vida laboral, cara a postos de responsabilidade e toma de decisións. Para saber máis sobre as especialidades, pincha aquí.

 

 

 

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es