A Escola Superior de EnxeñarÃa Informática (en diante, ESEI) é, dende o curso 1991/1992, o Centro da Universidade de Vigo que ten a responsabilidade de impartir os ensinos universitarios relacionadas co ámbito da enxeñarÃa informática. Atópase situada no Edificio Politécnico do Campus de Ourense.
A nosa oferta formativa está composta das seguintes titulacións:
Grao en EnxeñarÃa Informática: titulación vinculada ao exercicio da profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática, de 240 ECTS e catro anos adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior. Ten como obxectivo dotar ao estudante dunha formación xeneralista nas principais áreas propias da Informática, e que consta de dúas especialidades: EnxeñarÃa de Software e TecnoloxÃas da Información.
Máis información sobre o Grao.
Máster Universitario en EnxeñarÃa Informática: titulación vinculada ao exercicio da profesión de Enxeñeiro/a en Informática, de 90 ECTS e un curso e medio adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior. Ten como obxectivo dotar ao titulado dunha profunda formación en temas de dirección e xestión da área de tecnoloxÃas da información, asà como sólidos coñecementos en tecnoloxÃas especÃficas asociadas a diferentes perfÃs profesionais deste ámbito. O titulado adquire competencias técnicas, de comunicación e liderado que lle capacitan para pór en marcha o seu propio negocio ou para integrarse en postos directivos da área TIC en empresas e organizacións.
Máis información sobre este Máster Universitario.
PROFESORADO
A plantilla de profesorado da ESEI está formada por máis de 60 profesores e profesoras con ampla experiencia docente e investigadora. A práctica totalidade do profesorado a tempo completo ten o tÃtulo de Doutor. Ademais, a ESEI dispón de profesores que compatibilizan as súas tarefas docentes co exercicio da profesión. A súa experiencia profesional achega un importante valor engadido á formación do alumnado.
+ Sobre ESEI
+ Estudios
+ Alumnos