GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

Curso Ponte para a Adaptación ao Grao


Curso 2017-2018


Que é o curso ponte?

É un curso que da acceso, nun ano, ao título de Grao en Enxeñaría Informática. Para iso, hai que cursar 60 créditos ECTS, repartidos en oito materias e un traballo fin de grao de 12 ECTS.

 

Quén se pode matricular?

Os solicitantes deberán ser titulados en Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo.

 

 Qué materias hai que cursar?

 

MATERIA

ECTS

Cuadrimestre

REDES DE COMPUTADORAS II

6

1

SISTEMAS OPERATIVOS II

6

2

ARQUITECTURAS PARALELAS

6

2

TEORÍA DE AUTÓMATAS E LINGUAXES FORMAIS

6

2

SISTEMAS INTELIXENTES

6

2

CONCORRENCIA E DISTRIBUCIÓN

6

2

BASES DE DATOS II

6

1

CENTROS DE DATOS

6

1

TRABALLO FIN DE GRAO

12

2

 

 

En qué horario se imparten as clases do curso ponte?

A materias do curso ponte son materias de segundo e terceiro de Grao en Enxeñaría Informática. Os alumnos do curso ponte asistirán ás mismas clases e no mesmo horario que o resto do alumnado destes cursos.

 

Estou interesado no curso ponte pero pola mañá traballo. É obrigatorio asistir a clase?

Non. Segundo a normativa da ESEI, todas as materias de grao teñen que incorporar un sistema de avaliación para non asistentes.

 

Cantas prazas se ofertan?

Para o curso 2017/2018 ofértanse 20 prazas.

 

Cal é o criterio de selección?

O criterio de selección entre os solicitantes será a nota media simple do expediente académico, calculada de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración suscrito o 21 de febreiro de 2005 entre a Consellería de Educación e as universidades galegas.

 

Estou, ou estiven, matriculado/a no segundo ciclo de Enxeñaría en Informática. Recoñeceránseme créditos por iso?

Sí, se tes algunha destas materias do segundo ciclo superadas, poderánseche recoñecer polas materias correspondentes do curso ponte, segundo podes ver na seguinte táboa:

 

 

Materias do curso ponte

Adaptación con materias do 2º ciclo de Enxeñaría en Informática

REDES DE COMPUTADORAS II

REDES

SISTEMAS OPERATIVOS II

ADMINISTRACIÓN e CONFIGURACIÓN DE SISTEMAS OPERATIVOS

CONCORRENCIA E DISTRIBUCIÓN

CONCORRENCIA E DISTRIBUCIÓN

ARQUITECTURAS PARALELAS

ARQUITECTURA E ENXEÑARÍA DE COMPUTADORES

CENTROS DE DATOS

SISTEMAS INFORMÁTICOS

TEORÍA DE AUTÓMATAS E LINGUAXES FORMAIS

PROCESADORES DE LINGUAXES

SISTEMAS INTELIXENTES

INTELIXENCIA ARTIFICIAL

BASES DE DATOS II

ADMINISTRACIÓN E DESEÑO DE BASES DE DATOS

 

 

Por que non se me recoñece o Traballo Fin de Grao polo Proxecto Fin de Carreira que fixen na Enxeñaría Técnica?

Segundo o establecido no artigo 6 do RD 1393/2007, modificado polo R.D. 861/2010, NON poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes ao Traballo Fin de Grao.

 

Teño experiencia profesional. Recoñeceránseme créditos por ela?

Sí, poderanse recoñecer ata 36 ECTS por experiencia profesional posterior á obtención do título de Enxeñeiro Técnico. A Comisión de Recoñecemento de Créditos e Adaptacións da ESEI será a responsable de fixar os criterios de recoñecemento da experiencia profesional, o cal se fará en base ao conxunto de competencias das materias do curso ponte que teña adquirido o/a solicitante no exercicio da súa profesión, e atendendo á seguinte táboa:

 

EXPERIENCIA PROFESIONAL

ECTS RECOÑECIDOS

300 - 599 horas

6

600 – 899 horas

12

900 – 1199 horas

18

1200 – 1499 horas

24

150 – 1799 horas

30

1800 horas ou máis

36

 

 

 

Calendario de admisión e matrícula

 

Primeiro prazo:

 

 

Presentación de solicitudes

12 – 26 de xuño

Publicación provisoria de solicitudes admitidas a trámite

3 de xullo

Presentación de reclamacións

57 de xullo

Publicación definitiva de solicitudes admitidas a trámite

12 de xullo

Publicación provisoria de persoas admitidas

17 de xullo

Presentación de reclamacións

19 – 21 de xullo

Publicación definitiva de persoas admitidas

28 de xullo

 

 

Segundo prazo (no caso de haber menos persoas admitidas que prazas ofertadas):

 

Presentación de solicitudes

1 – 3 de agosto

Publicación provisoria de solicitudes admitidas a trámite

7 de agosto

Presentación de reclamacións

8 – 10 de agosto

Publicación definitiva de solicitudes admitidas a trámite

14 de agosto

Publicación provisoria de persoas admitidas

4 de setembro

Presentación de reclamacións

5 – 7 de setembro

Publicación definitiva de persoas admitidas

12 de setembro

 

 

Procedemento

1) Entregar o formulario de solicitude asinado, acompañado da fotocopia do DNI ou pasaporte, en calquera dos rexistros xerais da Universidade de Vigo, dirixido á Directora da Escola Superior de Enxeñaría Informática.

2) Non é necesario achegar o certificado académico.


Recoñecemento de créditos por experiencia profesional:

Unicamente se terá en conta a experiencia profesional POSTERIOR á obtención do título de Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión.

Documentación a presentar:

CV no formato oficial (doc) (odt).

Formulario de autoavaliación de competencias (doc) (odt).

 

 

Documentación acreditativa da experiencia laboral:

  • Informe de vida laboral.
  • Copia dos contratos de traballo.
  • Todos os certificados que se queiran aportar sobre o tipo de traballo desenvolvido, proxectos nos que se teña participado, responsabilidades, etc.

 

 

Traballo Fin de Grao

Os/As estudiantes de Grao terán que realizar un Traballo Fin de Grao (TFG) de 12 ECTS, equivalente a 300 horas de traballo. Tal e como establece a memoria da titulación, o TFG é un traballo individual e será presentado a final de curso diante dun tribunal. Ao igual que ocorre cos PFC, os/as estudiantes poderán chegar a un acordo cun profesor do Centro para a dirección do seu TFG, ou escoller algunha das propostas que o profesorado publica na web.

Aínda que o TFG é unha materia do segundo cuadrimestre, nada impide que se comece o traballo durante o primeiro cuadrimestre.

 

Para máis información, por favor diríxase á Secretaría da ESEI, en horario de 9:00 a 14:00, no 988387003/4, ou en administracion.esei@uvigo.es

 

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es