GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

Información para comezar na ESEI

 

Se acabas de matricularte na ESEI, seguramente terás algunhas dúbidas durante estes primeiros días. O primeiro que debes saber é que a persoa de referencia á que te podes dirixir é a profesora coordinadora de primeiro curso, Rosalía Laza Fidalgo, á que podes atopar no despacho 406 (cuarta planta), e á que tamén podes localizar por teléfono (988 38 70 13) e por email (rlaza(at)uvigo.es). Aínda que a profesora Laza poderache aclarar todas as túas dúbidas, tés a continuación información especialmente importante para estes primeiros días:

  • Acceso aos laboratorios: para poder utilizar os computadores dos laboratorios da Escola, debes ter a túa conta de usuario LDAP (Lightweight Directory Access Protocol). Para obtela, deberás acudir ao Servizo de Infraestrutura, no soto 01, ao fondo do todo do corredor, e presentar o teu resgardo de matrícula ou carné de estudante se xa o tes. 

  • Grupos de prácticas: todo/a alumno/a de primeiro está asignado a un grupo de laboratorio. Se acudiches ao acto de inicio de curso seguramente terás un documento no que che indica cal é o teu grupo. Se non é así, podes consultalo desde este mesmo apartado de estudantes na web, ou dirixirche á coordinadora de primeiro.

  • Wifi: a Universidade de Vigo pon á túa disposición unha wifi á que poderás acceder con calquera computador ou dispositivo móbil, en calquera recinto dos tres campus da Universidade. Para poder acceder a esta wifi debes utilizar a conta de correo electrónico que pon á túa disposición a Universidade (e que é diferente da mencionada anteriormente, que che dá a ESEI). Para obter a dirección de email, debes acceder a http://correoweb.uvigo.es, e para acceder á wifi, consulta as instrucións.

  • Goberno da ESEI:

    • Equipo directivo: a ESEI ten un equipo directivo, formado por un/a director/a e varios/as subdirectores/as. Se coñeces a alguén que estude nunha Facultade, seguramente te preguntarás por que alí hai decano/a e aquí director/a. Pois non hai diferenza ningunha, é unha cuestión meramente histórica (nas Escolas de Enxeñaría chamáronse sempre directores/as, e así permaneceu até agora).


    • Órganos de goberno: o órgano de goberno da ESEI é a Xunta de Escola, na que están representados o profesorado (60%) alumnado (30%) e o persoal de administración (10%), e encárgase de aprobar as liñas de funcionamento, normativas e procedementos da Escola. Ademais, hai varias comisións, como a Permanente, a de Garantía de Calidade e a de Adaptación e Recoñecemento de Créditos.

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es